Nin o desplome das temperaturas, nin sequera a final da Champions entre o Real Madrid e a Juventus foron un obstáculo para que os Encontros de Música Tradicional de Carboeiro celebrasen a súa maioría de idade congregando a centos de veciños e amantes deste enclave natural e dunha cita musical que xa está consolidada, desde hai anos, no panorama galego.

Coma sempre, as actividades comenzaban en torno ás 13.00 horas, cunha sesión vermú con varios grupos da contorna. E, se decimos que Carboeiro volveu converterse no máis parecido ao Paraíso, é mola música celestial que soou durante todo o día, pero tamén porque esta festa tén ata santa, coma en todo ceo que se precie. Santa Ferreña saíu, un ano máis, en procesión, e os fieis puideron poxar as andas. Non era a única protagonista da xornada, xa que nesta ocasión se organizou un debate en torno ás espadelas do Val de Vea, coa espadeleira Estrella Eiras e o constructor de espadeleiros Manuel Iglesias. Isto foi pola tarde, pero xa pola mañá houbo unha exposición, Para ir a unha espadela, que estivo acompañada polos títeres do Museo da Marioneta. A mostra destas pezas artesás que se usan para traballar o liño xa estivo no Museo do Pobo Galego. O seu encanto radica en que cada peza tén unha decoración case persoalizada e adoitaba pasar de xeración en xeración. E, falando de artesanía, os visitantes tamén puideron deleitarse, ou mercar, instrumentos tradicionais e en seres feitos en coiro, cerámica ou bisutería.

Para dármonos unha idea da afluencia que tivo onte Carboeiro, abonda con pensar que se esgotaron os 330 tíquets para comer debaixo da carpa. A toda esta xente hai que sumar as familias que deciden comer, manten sobre o chan, no entorno do cenobio e do río Deza.

Xa pola tarde, or programa ofreceu un amplo abanico de xogos tradicionais de diversas épocas e lugares para todas as idades, con Xandobela e Itaca de Compostela. Coma sempre, o patio do mosteiro converteuse nun recuncho de tocar, para todos os grupos e tamén os afeccionados que decidiron demostrar ante todos a súa arte. E outra das tradicións destes Encontros leva nome de lalinense, Celso Fernández Sanmartín. O contacontos volveu engailar ao público con Vivir do conto, contar a vida. Para esta actividade o escenario escollido foi a capela do mosteiro. Xa contra a noitiña, comezou a foliada que rematou cando as forzas de bailar e cantar foron indo a menos. A Asociación Intercultural Santa Ferreña é quen organiza este evento. Conta cunha colaboración económica do Concello e tamén co que se recauda na propia cantina da festa. E, mentres uns cantaban "¡gol!" na Champions, outros dicían "Que viva a xuventude, e a xente vella que non morra!".