07 de octubre de 2009
07.10.2009
Pilar García Negro - Escritora e política

"Vigo e Pontevedra son cidades máis españolizadas que A Coruña"

"Hoxe estamos a padecer unha involución franquista da lingua"

07.10.2009 | 02:53
Pilar García Negro, onte, nun instante da presentación do seu libro no Museo Municipal de Lalín

O Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa de Lalín acolleu na tarde de onte a presentación do libro "De fala a lingua: un proceso inacabado", da escritora e política luguesa Pilar García Negro. O acto contou coa presenza, entre outros, do que fora notario de Lalín Victorino Gutiérrez Aller e a profesora lalinense Marta Negro.

–O libro é algo máis que unha escolma de artigos, estudos e traballos sobre o galego?

–Tendo como núcleo o tema da lingua actual, o libro é tamén unha ollada histórica á súa situación. Hai tres eixes fundamentais na obra como son a preocupación sobre a situación do galego, un exame da lexislación lingüística e un repaso histórico.

–Está ameazado o galego no século XXI?

–Eu pretendo ser realista cun libro coma este. Non se pode perder de vista que hai unha lei de normalización lingüística con 26 anos de vida nun estatuto de 1981 que declaran operar sempre a favor das institucións galegas, algo que non se cumpre. Hoxe estamos a padecer unha involución franquista da lingua e un intento de desmantelación da lexislación evidentes. Eu pertenzo a unha escola histórica que explica as cousas non por casualidade e isto está sucedendo así.

–Qué se pode facer contra iso?

–Pois o que proclamamos o 17 de xuño pasado: Nin un paso atrás. É fundamental que sigamos familiarizando e potenciando entre nós o uso normal do idioma. Tamén pertenzo a unha minoría galegofalante que aspira a deixar de selo algún día, e aí aínda hai moito que facer. Estamos a falar dun proceso de moito tempo se falamos en anos. É imprescindible que todos os megáfonos públicos funcionen na misma dirección.

–Segue habendo diferenzas entre a utilización do galego nas cidades e no rural da nosa terra?

–Teriamos que diferenciar moito. A fronteira de aldea-vila-cidade agora xa non existe no país. Pode haber minorías nas cidades e, en concreto, na Coruña, moi desexosa de protagonizar ese reencontro. Hoxe o español está omnipresente de forma totalitaria en toda a vida galega. O que pasa é que o proceso de substitución lingüística é dinámico e hai que darlle tempo.

–Sen embargo, está moi extendida a idea de que en cidades como Pontevedra, Vigo, A Coruña ou mesmo Santiago o galego aínda é unha lingua pouco utilizada pola población.

–No caso da Coruña a galegofobia procede das institucións dende os tempos do actual embaixador de España no Vaticano Paco Vázquez, pero non se trata dun fenómeno de aberta hostilidade social do galego. Vigo e Pontevedra son cidades moito máis españolizadas que A Coruña, porque esta encheuse demográficamente con xente procedente de Bergantiños ou Lugo, que, por suposto, a lingua que falaban era o galego.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine