A práctica totalidade do estudantes do IES Laxeiro de Lalín celebraron onte unha manifestación de defensa da lingua galega no ámbito do ensino e sumáronse deste xeito á convocatoria promovida pola Mesa pola Normalización Lingüística baixo o lema "Paremos as agresións contra o galego".

A partires da quinta hora de clase, preto das 13.00 horas, caseque todos os alumnos do instituto dezano saíron das aulas e concentráronse durante media hora diante das súas instalacións. Dun modo cívico, portaron un enorme cartaz co lema da protesta e proferiron algúns cánticos a prol da lingua antes de ler un manifesto redactado por eles mesmos. Cabe sinalar que os estudantes do centro recibiron información desta convocatoria reivindicativa a través da Mesa e decidieron secundala sen que houber ningún tipo de inxerencia nin colaboración por parte do profesorado.

No seu escrito, os alumnos do IES Laxeiro calificaron a folga para a defensa da lingua galega no ensino como unha medida "xusta" que se correponde cunha "necesidade real".

Ademais, reivindicaron que o centro lalinense "cumpre axeitadamente" coas normas do uso do galego establecidas na lei, pero admitiron que non se trata dun_"feito xeralizado en Galicia".

Dun modo máis concreto, os estudantes sinalaron que o galego debe utilizarse polo persoal administrativo, debe reflectirse na documentación, ten que impartirse no 50% das materias das educacións que abranguen dende infantil ata adultos e que ten que chegar á toalidad no nivel tres de adultos e no bacharelato para estas personas. "Todo iso non se está a cumprir nos centros galegos", denunciaron.

Finalmente, o manifesto concluíu que as medidas arbitradas para usar o galego no ensino estanse a cumprir "dun xeito desigual" e reclamaron que o sistema eduactivo debe ser "o primeiro en dar exemplo.