Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Fernando González presenta "Zapatos máxicos" no Auditorio

A portada do libro. // Fervenza

O veciño do Concello de Cuntis, Fernando González Graña, vai presentar no Auditorio Municipal de Vilagarcía o libro "Zapatos máxicos", de Edicións Fervenza. Será o 3 de maio, a partires das 20.30 horas.

De 72 páxinas, esta publicación tenta ser "unha reflexión sobre as grandes revelacións humanas" e a observación "das pequenas cousas que nos arrodean, mesturando a trascendencia coa retranca, a alegría, a felicidade e o sentido gozoso e lúdico da vida".

Fernando González amosa así a súa preocupación "polas crianzas que acaso non poden gozar do paraíso da infancia, como acontece coas persoas refuxiadas e vítimas de calquera dos conflitos e guerras".

Compartir el artículo

stats