Dende o Concello de Cambados queremos manifestar a nosa colaboración e apoio a todas aquelas institucións,entidades, adegas e persoas que pretenden promover que a Festa do Albariño sexa unha festa cada vez máis internacional, máis diversa, máis dinámica, máis participativa e máis humana.

Cremos que é necesaria a implicación de todos os axentes públicos e privados onde ten unha especial relevancia, como non podía ser doutro xeito, o Consello Regulador.

Un dos obxectivos primordiais do Concello de Cambados é mellorar a xestión da Festa para que ésta acade unha maior calidade e onde a cata sexa o acto principal.

Para conseguilo, tentamos ir da man do Consello Regulador, das adegas do Salnés e dos viticultores, para acadar unha serie de propostas que mellorarán a festa de cara á súa internacionalización e que non farán máis que mellorar a Festa ano a ano.

É por iso que mantemos reunións periódicas cos representantes do Consello Regulador, para que todos xuntos tendamos pontes en aras de beneficiar a todos os sectores implicados, que son moitos, e moi importantes na economía nosa bisbarra.

En maio temos planificada unha reunión co Consello Regulador precisamente para seguir tendendo pontes e chegar a acordos entre todos, que garanticen un ano máis o éxito da festa do Albariño e a súa continuidade ao longo dos vindeiros anos.

Respecto aos horarios das casetas e á polémica creada en torno a este feito, é un dos moitos temas a tratar nesa vindeira reunión polo que cremos que mentres non falemos directamente cos representantes do Consello Regulador non debemos contribuir a espallar a polémica, xa que tampouco a medida nos foi comunicada oficialmente, aínda que sí sabemos que xa se celebrou o Pleno do Consello, pero tamén temos constancia de que adegas e outros sectores están en desacordo, ao igual que o propio Concello.

Por todo o que representa a Festa do Albariño e pola súa importancia histórica, social e económica, debemos ser dialogantes e chegar a acordos antes de crear alarmismos en torno a esta celebración.

* Comunicado conxunto dos catro grupos que conforman a Corporación local