Pontevedra celebrará o Día de Rosalía de Castro cunha lectura colectiva da súa obra
Será o venres no centro social do Gorgullón
O Concello de Pontevedra ten preparada para o venres unha programación oficial co gallo da celebración do Día de Rosalía de Castro, en colaboración coa Asociación de Escritores/as en Lingua Galega. Símbolo do país, Rosalía continúa a ser un icona pop dentro do século XXI, a artista máis internacional e referenciada dentro da cultura galega, o que permite albiscar a importancia da súa figura e a necesidade de continuar a reivindicación da mesma.
O acto principal do Día de Rosalía sucederá ás 20.00 horas no centro social do Gorgullón, espazo que acollerá a lectura de textos de Cantares Gallegos e Follas Novas. Trátase dun acto aberto a toda a cidadanía, no que pode participar de xeito directo. Será conducido por Miriam Ferradáns, que tamén lerá o manifesto de AELG nesta data tan sinalada. Doutra banda, o colectivo artístico O Fruto e a Serpe encargarase da ambientación do acto.
Para par ticipar na lectura de textos é preciso enviar un correo electrónico a normalizacionlinguistica@pontevedra.eu, indicando o nome completo da persoa que vai ler, se representa algún colectivo ou asociación e o texto escollido.
Desde a área de Normalización Lingüística sinalan que a homenaxe centra nos textos rosalianos escritos en galego, para destacar o papel da autora na reivindicación do uso da lingua galega nunha época en que publicar en galego e sendo muller era un acto revolucionario. Ademais, a súa escrita pioneira abriu o camiño á literatura galega moderna.
Temas
Más en Pontevedra
-
El Concello, a favor de liberalizar el tramo de autopista entre Pontevedra y Curro
-
Ponte Caldelas recibe una subvención de 200.000 euros para el Chan da Barcia
-
El Betis Deportivo, rival definitivo del Pontevedra por el ascenso a Primera Federación
-
El mayor parque urbano tendrá ‘skate park’, paseo japonés, miradores hacia las vías y canal de agua