Pontevedra acolle hoxe o libro editado pola Fundación Galiza Sempre, que repasa a historia do Bloque Nacionalista Galego, desde a súa fundación en setembro de 1982 até a actualidade. O acto terá lugar no hotel Galicia Palace, e nel participarán o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, a militante fundacional, María Xesús López Escudeiro, o presidente da Fundación Galiza Sempre, Rubén Cela, e a membro da Executiva Nacional do BNG, Carme da Silva. Haberá un recoñecemento aos militantes fundacionais da comarca.