Co obxectivo de que a sede electrónica dl Concello de Marín sexa útil para todo o mundo, o Concello convoca para este xoves día 30, ás 19.00 horas, unha charla na que representantes da empresa encargada de crear este portal poidan explicar que é, en que consiste o seu uso, que trámites poden levarse adiante e como facelo. A convocatoria, aberta a toda a cidadanía, servirá para resolver dúbidas e para coñecer por dentro todas as posibilidades que brinda a administración dixital.