O Concello de Poio, a través do departamento de Promoción Económica, desenvolverá este verán unha formación gratuíta sobre “upcycling” e suprarreciclaxe no textil. “É unha proposta que facemos en chave de oportunidade de emprego verde, xa que, ademais de promover unha acción formativa, tamén apostamos pola preservación do medio ambiente, cumprindo co establecido na Axenda 2030”, apunta o titular da área, Gregorio Agís.

Este curso, que se fará ao longo do mes de xullo, contará cunha duración de 60 horas, 45 de formación on line e 15 presencial. As sesión serán do 12 ao 26, sendo as presenciais os días 14 e 26, que serán no Centro de Formación da Reiboa, na Seca. O exame final será a mediados de setembro.

En total, haberá entre 15 e 23 prazas, en función da demanda. Os interesados poden obter máis información enviando un correo electrónico a promocioneconomica@concellopoio.org.