O CEIP Plurilingüe San Clemente de Cesar de Caldas de Reis acadou este martes o primeiro premio do concurso Dígocho Eu, promovido pola Televisión de Galicia, ao que se presentaron máis de 200 centros de toda Galicia.

O vídeo gañador foi realizado pola clase de primeiro de Primaria do colexio e polos profesores César Longa e Sonia Sánchez, cunha temática que xira en torno ao mundo da música potenciando o uso axeitado das palabras orquestra, portelo ou escenario. O traballo foi gravado polo propio programa no centro e contou coa colaboración das familias do alumnado.