Un faladoiro de mulleres, no que serán protagonistas varias veciñas do municipio hoxe venres ás 20.00 horas; unha proxección audiovisual mañán sábado a mesma hora; e un obradoiro de danza o domingo ás 11.30 horas, son as actividades que rematan Verbas de Muller, sempre no Local Social de Campelo. As intervintes de hoxe son Alba Galiano, autónoma; Celina García, restauradora; Olga Blanco, autónoma electromecánica; Marisé García, empresaria; e Noemí Blas, presidenta da Escudería Buxa Motor.