A figura de Alexandre Bóveda será homenaxeada no Día da Galiza Mártir que o Concello de Poio organiza en colaboración coa Fundación Alexandre Bóveda.

El alcalde de Poio, Luciano Sobral, a concelleira de Memoria Histórica, Marga Caldas e a titular de Cultura, Raquel Rodríguez, en la compañía del vicepresidente de la fundación, Valentín García Bóveda presentaron ayer el programa para la lembranza e a reivindicación da figura do histórico político galeguista, fusilado na Caeira no verán de 1936, al inicio de la Guerra Civil. Tanto os representantes da Administración local como o directivo desta entidade teñen claro que o acto tamén serve para que “non caian no esquecemento todas e todos aquel mártires que perderon a vida por seren vítimas do réxime a represión franquista”

Como xa é tradición, o monumento erguido na Caeira será o escenario dos actos centrais da homenaxe a quen foi “un dos motores principais do galeguismo”, tal e como sinala Marga Caldas, que explica que “este ano a lembranza na honra de Alexandre Bóveda cobra máis relevancia se cabe, ao cumprírense 85 anos do seu fusilamento, o 17 de agosto de 1936”. Será neste emprazamento onde se proceda, a partir das 13.00 horas, á realización da ofrenda floral, na que tomarán parte, ademais dos dirixentes municipais, representantes doutras institucións como o Concello de Pontevedra e a Deputación Provincial.

Por outra banda, o Concello de Poio lembra que este ano o 17 de agosto non será festivo, a diferencia do que sucedeu en 2020.