Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Premios aos que impulsan o galego

O Certame Ben Veñas Maio e os galardóns Mil Primaveras recoñecen aos estudiantes, centros e proyectos que poñen en valor a nosa lingua

Unha semana de parabéns para estudiantes, centros e proxectos que poñen en valor a nosa lingua, xa que

O xurado do Certame Ben Veñas Maio vén de fallar os premios nas distintas categorías convocadas nesta edición de 2021, o III Certame de Videoclips musicais, V de curtamentraxes, XX de fotografía, XXVIII de banda deseñada, XXVIII de narración curta e o XX de poesía.

A premiada no Certame de Videoclips musicais foi Clara Fariña Castro, do IES Xunqueira II.

No Certame de Curtametraxes o primeiro premio foi para Alicia Dopazo Cendón, do IES Valle Inclán e no Certame de Fotografía 2021 o primeiro premio foi para Carme Munaiz Canosa, do IES Sánchez Cantón, e o segundo para Carolina Munaiz Canosa, tamén alumna do instituto pontevedrés.

Pola súa banda, no XXVIII Certame de banda deseñada, a categoría A (ata os 14 anos, inclusive) quedou deserta, mentres que a categoría B, a partir de 15 anos, resultou co primeiro premio “Arredor de min”, de Miguel Bouza Rodríguez (alumno IES Torrente Ballester), e co segundo “A historia do galego con pantín e timpán”, de Ainoa Garzón Mejuto (do IES A Xunqueira I) e “Mortalmente galego”, de Anaís González Aboy, tamén do IES A Xunqueira I.

No Certame de Poesía, na Categoría A o primeiro galardón recaeu en “Con alma e sangue galegos”, de Alexandre Garrido Roca (IES Torrente Ballester), e o segundo premio foi para “E se sei?”, de Sabela Porto Verísimo (IES A Xunqueira I).

Na Categoría B, a partir de 15 anos, o primeiro premio foi para “Non quero ser coma ti”, de Mario Elías Blanco Boullosa (IES Torrente Ballester) e o segundo “Enleada”, de Sara Rodríguez Vence (IES Sánchez Cantón), así coma “O son da pandeireta”, de Clara Fariña Castro (IES A Xunqueira II).

A relación continúa co Certame de Narración Curta. Na Categoría A, o primeiro premio correspondeu a “Naceu e morreu sendo galego”, de Paula Fariña Martínez (IES Valle Inclán), e o segundo para “Unha nova historia”, de Ana Uxía Santos (IES Luis Seoane), e “Voltas e revoltas da vida”, de Marcia González García (IES Torrente Ballester).

Na Categoría B o primeiro premio foi para “Un día de chuvieira”, de Sofía Filgueira Fómez (IES A Xunqueira II) e o segundo para “Ninguén”, de Andrés Pardo Carballo (IES Torrente Ballester) e “Quen non existe”, de Alfredo José Fernández Marques (IES Sánchez Cantón).

O Certame Ben Veñas Maio ten por obxectivo acadar unha maior utilización do idioma galego por parte das xeracións máis novas incentivando a creatividade, a participación e a comunicación en galego, así como a reflexión sobre o uso e a situación social da lingua de Galiza. Os distintos certames dentro de Ben Veña Maio buscan impulsar a creatividade da mocidade en lingua galega desde diferentes eidos de expresión. Está organizado polos equipos de normalización e dinamización da lingua galega dos centros públicos de ensino secundario e ciclos formativos do concello, co apoio do Concello de Pontevedra. O xurado estivo formado polo concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, e polas persoas coordinadoras dos equipos de normalización dos institutos da Boa Vila.

O Teatro Principal acollerá o vindeiro sábado, día 5, o acto de entrega da segunda edición dos Premios Mil Primaveras, que recaen nos proxectos “Enreguéifate” e “Regueifesta” (como programa estabilizado), “Galeguiza-T” (como novo), “Dígocho Eu” (pola súa comunicación e impacto), “Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega” (como máis innovador), “Projeto Educativo Semente” (na categoría destinada a infancia), “Galegoempresas” (como iniciativa dun ámbito sectorial) e “o galego , a miña lingua propia” (mención especial).

A Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL) creou en 2019 os premios para “valorar, recoñecer e difundir accións, campañas, programas e proxectos que teñen como obxectivo principal o fomento da lingua e a procura do incremento do seu uso ou prestixio”.

Nesta edición presentaronse 37 proxectos, entre os que destacan como estabilizados os programas conxuntos “Enreguéifate” e “Regueirfesta”, que desenvolven os SNL de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo, por ser “un proxecto interxeneracional, que revitaliza unha actividade tradicional conectándoa coa mocidade e introducindo valores transversais”.

Compartir el artículo

stats