A Concellaría de Normalización Lingüística en colaboración cos equipos de normalización lingüística dos centros de ensino está a programar un ciclo de conferencias en liña dirixidas á mocidade para promover a reflexión sobre a utilidade da lingua galega. As charlas serán impartidas por membros da Mesa pola Normalización Lingüística e están dirixidas a alumnado de ensino secundario, bacharelato e ciclos formativos.