A Banda de Música de Silleda e a Banda de Gaitas de Forcarei, duas embaixadoras de luxo que representarán á provincia de Pontevedra no 49 Festival Intercéltico de Lorient, en Francia, foron onte as convidadas de excepción ao acto co que a Deputación celebrou o Día de Galicia.

A presidenta da institución provincial, Carmela Silva, acompañada de varios deputados, encabezou a celebración nos xardíns da Deputación. Vaixo o magnolio, músicos e público disfrutaron das bandas que, como lembrou a presidenta da Deputación, "con moito esforzo e compromiso", consiguen ser a alma do noso pobo.

"Galicia ten moito futuro", lembrou Carmela Silva (que o vindeiro mes de agosto acompañará ás bandas a Lorient) "ímolo construír xuntas e xuntos, pero mirando o que somos. E nós somos cultura".

Boas probas desde futuro que albisca a titular do Executivo provincial foron os músicos, moi novos pero cunha excelente preparación, e tamén o público, no que figuraron nenos e adolescentes que a bo seguro serán os continuadores da nosa identidade. No Día de Galicia, os asistentes sentiron nos pasodobles, muiñeiras e no Himno de Galicia o presentimento dun futuro de magnolias e música.