Convidado pola Asociación Maio Longo, Alberte Blanco presenta hoxe ás 20 horas na Casa da Luz "Memorias da brétema", unha obra na que propón historias, resultados das súas investigacións históricas e relatos nunha homenaxe ó Ulló, como era coñecida no seu tempo a enseada de San Simón, ó seu pasado e futuro.
-"Memorias da brétema" é un percorrido sentimental pola súa parroquia de orixe
-É un libro de memorias da infancia, con algún relatos; non é dun xénero específico senón relatos vinculados á infancia e algo de ensaio e investigación histórica. Na obra predomina o aspecto emotivo e sentimental, porque efectivamente refírese á aldea onde eu nacín.
-O primeiro que aborda é o devir histórico de Cobres nos últimos séculos. Que é o que máis vai sorprender ao lector?
-O que fago con este tipo de investigación e relatos é descubrir algún episodios a través de protocolos notariais e da investigación nos arquivos históricos de episodios vinculados cos primeiros axuntamentos democráticos coa primeira Constitución de Cádiz, e descubrín que Cobres foi nun tempo concello autónomo, independiente de Vilaboa.
-Durou moito tempo ese concello?
-Non, foi no 1820, probablemente existise no ano 14 pero como realmente Fernando VII derogaba constamente o réxime constitucional pois non temos documentación explícita nese ano, aínda que se fala dun alcalde constitucional naquela altura. E logo no 1920 e 1921 foi durante uns meses ata que volveu a derogarse o sistema constitucional e volve Fernando VII por enésima vez. E logo houbo unha última intentona no 1826 de solicitar a creación dun concello entre San Adrián e Santa Cristina, que non se chegou a executar.
-Tamén fala nese capitulo de persoaxes singulares
-Un delas é un antepasado meu, un tal Xan Blanco, fora xuiz de paz na época de Montero Ríos, un persoaxe moi vinculado a actividades pesqueiras e armadoras. Descubrín casualmente que él estivo vinculado a un episodio de fuga de alemán na Primeira Guerra Mundial na que España era un estado neutral e non podía facer ningún tipo de actividade que axudase a un dos bandos. E parece que Xan Blanco estivo involucrado nun desprazamento, incluso con dous submarinos, suministrandolle avituallamento e o pasaxe ata as Cíes, son temas dos que nin a propia familia tiña coñecemento.
-Que importancia tiveron Roxelio Calvar e seus curmás?
-Foron os primeiros republicanos que houbo na II República na zona de Vilaboa. Tiveron unha grande actividade social creando escolas e actividades vinculadas ó movemento agrarista, xa en la época de Primo de Ribera, e co golpe de 1936 foron apresados e represaliados, condeados primeiro a perpetuidade, estiveron na illa de San Simón, como moitísimos outros recursos, e logo levaronnos ao penal de Pamplona. Conto esas peripecias ata o naufraxio dun barco con falanxistas frente a illa de San Simón porque nese barco ía tamén xente vinculada a Roxelio Calvar, e son historias totalmente documentadas.
-Aborda noutro momento o tema do estraperlo
-É unha historia vinculada ao contrabando que aínda que se cambiaron o nome das persoas é un relato auténtico. É unha viaxe de contrabando entre Vigo e Camiña, en Portugal, no estuario do Miño, e conto unha aventura que ocurriu en realidade e que a piques estivo de costarle a vida ós que participaban no estraperlo, que non eran máis que mandados, non eran os que organizaron o contrabando.
-Non falta na obra a loita contra a autopista
-A última parte está composta por 20 relatos, dende a nenez á primeira mocidade, e un dos últimos é un relato sobre o que ocurriu con ese tema, houbo bastante loita veciñal polos impactos enormes que tiña a autopista e relato as circunstancias das persoas que loitaron alí, eu entre eles, aportando documentos que se elaboraron para presentarlle a Calvo Sotelo cando era ministro de Obras Públicas. Faise un repaso dos episodios máis importantes e do contexto político que había naquela época, en pleno inicio da reforma democrática.