"A túa librería recomenda", novo espazo virtual do Salón do Libro
As actividades ao redor o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra comenzan co inicio do novo curso escolar. A primeira actividade desta nova etapa do Salón é un espazo para as redes sociais: "A túa librería recomenda".
A iniciativa consiste en que a través da páxina de Facebook e Instagram (@salondolibrodepontevedra) as librerías de Pontevedra recomendarán, cada sábado a partir de hoxe, e ata o próximo mes de abril, unha obra de literatura infantil e xuvenil relacionada coa temática do evento: Mulleres de conto.
As librerías participantes na iniciativa son: Cronopios, Paz, Patakafrita, La Nube de Papel, Nobel, Librería Naranjo e Seijas, que iniciará a sección coa recomendación da obra "Anagnórise" de María Victoria Moreno, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas.
Temas
Más en Pontevedra
-
Santa Clara contará con una entrada por la plaza de Barcelos
-
El Sergas expropiará en Montecelo uno de sus seis “leiraparking” para las 892 plazas de pago
-
El 98,5% de los niños de la ciudad entrará en el colegio en el centro elegido en primera opción
-
“Creo que facer unha boa comedia é do máis difícil que hai”