A Banda de Música de Pontevedra e a Banda de Gaitas de Forcarei protagonizarán o vindeiro domingo, día 21, o concerto extraordinario do Día das Letras Galegas. Na actuación, que presentará Xavier Cruz, colaborarán o gaiteiro José Manuel López "Josele" e a cantante Vanesa Muela.

Rafael Agulló Albors, director titular da Banda de Música de Pontevedra, encabezará a actuación e explicou que se trata da primeira ocasión na que se combina unha banda de música de formato máis clásico, como a capitalina, con unha agrupación de gaiteiros "máis popular e folclórica, todo elo co fantástico gaiteiro Josele e a voz fantástica de Muela, que se adica a recuperar o folclore de distintos puntos do país".

A música será, engadiu, o elemento central dunha festa que tamén terá unha parte poética narrada que enfiará as distintas pezas.

A actuación principiará ás 12 horas no Teatro Principal e está aberta a todos os interesados en disfrutar deste espectáculo que se foi modificando ó longo do tempo e agora "mestura pezas máis clásicas con máis modernas, por exemplo unha de Ivan Costa", sinala Rafael Agulló, que esta mañá acompañou á concelleira de Cultura, Carmen Fouces, na presentación do espectáculo.

Este espectáculo no que se fusionarán diferentes estilos e épocas servirá de anticipo ó ciclo de conciertos ó aire libre da Banda de Música de Pontevedra, que habitualmente principia no mes de xuño.