Síguenos en redes sociales:

O Clube de Opinión Portocelo prepara un acto en memoria de Xosé Filgueira Valverde

Xosé Carlos Valle impartirá unha conferencia no Museo Municipal de Marín

O Clube de Opinión Portocelo organiza un acto na memoria do profesor Xosé Filgueira Valverde, homenaxeado no Día das Letras Galegas 2015, consistente nunha conferencia que baixo o titulo de "Xosé Filgueira Valverde: reflexións sobre a vida e as súas obras" será impartida polo director do Museo de Pontevedra, Xosé Carlos Valle, e presentada por lo crítico de arte e literatura Ramón Rozas. A conferencia será o martes 16 de xuño e comenzará as 20.30 horas no salón de actos do Museo Municipal Manuel Torres.

"Con este acto o foro de opinión marinense quere unirse a todas cantas voces se veñen facendo eco da importante traxectoria cultural do Profesor Filgueira Valverde, como quedou recoñecida ao terlle adicado o Día das Letras Galegas", explica o promotor do acto, Ángel García Carragal. "Como dato anecdótico traemos o recordo que Xosé Filgueira Valverde foi un dos primeiros conferenciantes que pasaron por este clube nada máis ser fundado hai algo máis de vinticinco anos", engade Carragal.

Pulsa para ver más contenido para ti