XULIO AMIGO - Coordinador da Asociación Galega de Editores, que promove o Oulet do Libro Galego
"A nosa oferta son libros de gran valor a un prezo de crise"
Abre as súas portes hoxe no Café Moderno o Outlet do Libro Galego. As ilustracións de 10 autores, novidade da cita co libro

Xulio Amigo. // Rafa Vázquez
S. R. - Pontevedra
Despois de Allariz, Pontevedra será o segundo escenario do Outlet do Libro Galego, unha cita convocada polas editoriais para facer frente a crise e que hoxe abrirá as súas portas no Café Moderno.
—Que propón este Oulet do Libro Galego?
—O que propón e unha oferta moi extensa, con máis de 900 títulos, de libros que teñen un gran valor pero xa esgotaron un ciclo comercial e xa non están nas mesas de novidades nin nas librerías, entón é unha oportunidade de ouro para conseguir libros ademais a un prezo moi moi asequible.
—Na oferta tamén se inclúe a ilustración.
—Si, así como Outlet é a segunda edición (fixemos a previa en Allaríz) neste caso a ilustración é a primeira vez que se incorpora ao Outlet. Entre láminas e orixinais hai máis de 100 referencias de 10 autores distintos.
—Cal será a oferta de prezos?
Unha gran categoría abrangue o 90% da oferta e é: se levas un libro son 3 euros, se mercas 2 son 5 euros e se mercas 5 son 10 euros, e decir, varía o precio unitario dende 3 ata 2 euros.
—Qué xéneros poderán atopar os lectores?
—Todos, a oferta é moi variada, temos unha gran oferta de libro infantil e despois todos os xéneros, poesía, ensaio, pensamento, filosofía, natureza, guías, unha oferta moi ampla. Son ademais moi actuais, non hai novedades por suposto pero son actuais, eso é o que trato de decir cando digo que son libros con gran valor, e hai libros que son preciosos, en formatos grandes, singulares, capa dura, catro tintas, hai una oferta de gran calidade. Os dous rasgos que caracterizan a oferta que facemos nós é que son libros de gran valor e a un prezo de crise.
—A cultura é un sector especialmente afectado pola crise, pero paradóxicamente non tanto o mercado do libro...
—Con toda sinceridade, hoxendía non hai ninguna empresa que viva do mercado interior que non note a crise, sería casi cínico decir que non notamos a crise, pero o que é lector sempre o fai, a persoa lectora sempre lee con máis ou menos sacrificio do seu peto pero non renuncia a ese pracer.
—Cantas editoriais estan representadas no Outlet?
—Somos 14 editoriais, e dúas librerías locais de Pontevedra (Paz e Seijas) son os que xestionan o espacio, os que levan a xestión comercial do espazo, é o mesmo tandem que levará a tenda do Culturgal ou do Salón do Libro Infantil, é un tandem con moita expriencia de traballo conxunto.
- Indignación al ser anuladas endoscopias en el hospital Montecelo con los pacientes esperando ya en sala
- La Brilat de Pontevedra refuerza su despliegue en el flanco este de la OTAN
- «Les das lo más importante para una persona, una base para su futuro»
- El parque comercial de O Vao prepara sus accesos y apunta a abrir antes de navidad
- Más de 200 vecinos reclaman una sanidad pública digna en Barro
- Cadena humana en el CEIP San Clemente de Caldas: «La sensación de apoyo es total»
- El área sanitaria de Pontevedra-O Salnés realiza al año unas 200 nuevas ostomías digestivas y urinarias
- El Concello de Poio anuncia que la cuota fija doméstica de agua y saneamiento será de 22,17 euros