Síguenos en redes sociales:

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Luis Davila, humorista gráfico de FARO, recibe o Premio Trasalba 2023Iñaki Osorio

8

O Premio Trasalba 2023 recoñece a crítica con retranca e reivindicativa de O Bichero

A Fundación Otero Pedrayo entregoulle o recoñecemento pola “súa implicación na defensa do galego e ser un referente na reivindicación”

Luis Davila: “Nunca imaxinei esto”

A Fundación Otero Pedrayo outorgoulle onte o Premio Trasalba 2023 ao deseñador gráfico, ilustrador e viñetista Luís Davila Malvido. A comisión de goberno da Fundación considerou que “a súa implicación na defensa da nosa lingua e a proximidade social das mensaxes que formula en defensa do galego conforman o mérito dun artista chamado a converterse nun referente na reivindicación sociolingüística pola súa constante manifestación de afecto á nosa lingua e á nosa cultura”.

Onte nun acto considerado como a Festa Literaria de Trasalba, que tivo lugar no Pazo Museo Otero Pedarayo en Amoeiro, o humorista, que publica diariamente en Faro de Vigo co alcume de “O Bichero”, recolleu o premio e fíxoo cunha sorpresa inesperada.

Os seus compañeiros do grupo “Vou ou non bou” acudiron á localidade ourensá para acompañar ao seu membro e tamén recoñecerlle con música toda a súa labor en favor de la lingua galega e o seu talento para, dende o humor, chegar a tódolos sectores da actualidade e sociedade e converterse nun referente: “Moza, fai coma mín e desbroza (o machismo)”. Un símbolo xa en prol da loita femenista nas manifestacións e no día a día.

Davila emocionouse co acto e deu gracias a tódolas persoas que pensaron na súa figura para o premio Trasalba. Todavía cas emocións a flor de pel, deulle gracias a “Ramonciño” (Otero Pedrayo) e reivindicou o humor gráfico como unha ferramenta de crítica para reivindicar e reflexionar sobre unha variedade moi grande de aspectos sociais, políticos, económicos e doutra índole. Tras recoller o premio do presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices, declarou que “nunca imaxinei recibir un premio así polo meu traballo”.

Davila 25/06/2023

Despois das declaracións regaloulle a lámina do Bichero que sae no diario do Faro de Vigo do sábado, donde se ve a Ramón Otero Pedrayo e a Dora dicindo “por aí lle vén o que pinta monigotes”.

No acto tamén estiveron o humorista Carlos Blanco que fixo a “laudatio” e ademáis de Miguel Santalices, ademáis doutras autoridades e personalidades do mundo da cultura, da sociedade e dos medios de comunicación que se reunieron no salón de eventos da Fundación.

Esta es una noticia premium. Si eres suscriptor pincha aquí.

Si quieres continuar leyendo hazte suscriptor desde aquí y descubre nuestras tarifas.