Con textos de poetas e escritores galegos como Eduardo Blanco Amor, Celso Emilio Ferreiro, Pura Vázquez, Victor Campio, Manuel María, Luz Pozo, Baldomero Moreiras ou Manuel Rivas celebrou onte o Liceo de Ourense o Nadal.

Con acompañamento de música en directo –e produción técnica de son e luces– a actriz Lucía Álvarez puxo voz a diferentes sentimentos. A actividade estivo patrocinada pola Secretaría Xeral de Política Lingüistica da Consellería de Educación e Cultura da Xunta de Galicia e levouse a cabo no Salón Noble do emblemático edificio ourensán.