Leo estes días nos xornais a polémica coas Tanxugueiras como foco de atención.

Alguén dubidaba de que non ían ser as elixidas, por máis que cantasen a canción máis bela do mundo?

Que imos esperar dun país que permite, tanto na mesma televisión pública que non as elixiu, como nas privadas, a uns afamados cociñeiros contar chistes de galegos aos que teñen que ensinarlles a violar mulleres?

Ou que pensan que os percebes están nas costas de Porriño?

Si si, eses afamados “Michelines” que saen nesas mesmas televisións, anunciando pastas que non se pasan, cepillos dentais ou caldos de pito en brick. Que, valla a expresión; “Manda carallo”.

Crédeme, non vale a pena indignarse. Quizais entre todos deberiamos poñer en marcha unha ONG, ou similar, para axudar a esta pobre xente. Pobres ignorantes!

Nós debemos seguir presumindo de percebes galegos, de música e folclore galego e condenando os malos tratos femininos polo mundo adiante.