As veces, poucas veces, os refráns trabúcanse. Este é o caso; así é aquel que di, “na casa do Ferreiro, coitelo de ferro”, ou que é o mesmo, “unha carta do carteiro”.

Unha carta, que na nostalxia me leva a 1988, ano no que escomencei a prestar servizo na parroquia. Foron comezos difíciles, pero entre todos conquerimos que Correos deixara de avaliar ese servizo como rural para avalialo como urbán.

23 anos despois somentes podo decirvos que tentamos dar o mellor servizo postal que poidemos e soupemos. Reflexiono que, cunha media de 50 km diarios, teño 1.000 ó mes e 12.000 ó ano. Total, que en catro anos me sobran quilómetros para dar a volta ó mundo. E digo esto porque despois de varias voltas ó Ecuador non houbo ningún accidente, e eso é unha lotería da que non descarto que a Virxen dos aflixidos teña algo que ver!

Si, moitos quilómetros na miña motiña, con choivas, friaxes, temporais, xiadas, algunha nevada... pero eso de traballar recorrendo en manga corta o voso “parque natural” en primaveira-verán, non hai cartos no mundo que o pague.

Non me podo esquecer dos veciños da parte baixa de Seoanes (que é como lles gusta que se chame), e Borgwarner, nin dos mestres e traballadores da Universidade, incluíndo o Centro Comercial e Resa.

Tamén teño presentes, e non esquezo, aos veciños e veciñas que nestes 23 anos nos deixaron. Nestas datas non podo máis que enviarlle ás familias moito ánimo e darlles unha aperta ben forte.

Agradecervos, á Asociación Veciñal e a de Montes en Man Común o bo trato que sempre me dispensastes. Traballar con vós foi unha ledicia, un orgullo e unha honra! Bo Nadal para todos, moita saúde no futuro. Unha aperta forte.

P.D. Se me permitides, aproveitando a casualidade (non hai puntada sen fío), gustaríame felicitarlle as festas aos meus compañeiros de Correos. Enviarlles moito ánimo e desexarlles o mellor dos futuros nesta empresa, que a día de hoxe, desgraciadamente, ferve como fería ata fai ben pouco o Parque Nacional de Cumbre Vieja.