Deixouno ben claro George Orwell en ‘Rebelión na Granxa’: tódolos animais son iguais, pero uns son máis iguais que outros. Algúns que din ser comunistas, viven en realidade como burgueses, desde que se meteron en política, así como entraron no sistema que tanto criticaron, viuse por onde van e agora a por “Madrid”.

É obvio que falo de Pablo Iglesias, líder indiscutible de Unidas Podemos, aínda que eu máis ben diría Puidemos, en fin ao que ía.

O señor Iglesias deixou todo atado e ben atado, agora mesmo Yolanda Díaz é a que en teoría podería ser a sucesora de Pablo, pero non é así xa que ela non é nada dentro de Unidas Podemos, no momento que Iglesias deixe este barco, acabouse o que se daba, as guerras por liderar un partido, qué en realidade no momento en que falte o actual líder todopoderoso, serán o pan de cada día, Podemos é Pablo Iglesias, iso é o que hai, por iso a actual Ministra e Vicepresidenta terceira estaría máis soa que a unha, dentro de UP. Pero a señora Díaz é unha boa fichaxe para Sánchez e ela sen dúbida fichará polo PSOE no mesmo instante en que o cargo que agora ostenta corra perigo. Aínda lembro cando Teresa Rodríguez se mostrou partidaria de que Podemos non entrara no Goberno, que o apoiase simplemente, pero a avaricia xa se sabe rompe o saco, e así acabou Podemos sendo un partido máis da chea, no mesmo instante que formou parte do Goberno e do Consello de ministros e ministras, agora é como a milla verde: “O que pasa na Milla Verde, queda na Milla Verde”.

Unha desgraza era un partido que no seu momento deu esperanza a moita xente, con todo a última declaración da fortuna, que Pablo e a súa parella amasaron en pouco tempo, deixaron ao descuberto que só son a “casta” que tanto criticaron.