Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Cipriano Luis Jiménez Casas

A sostibilidade das cidades. Retos e futuro

As cidades acordes co historiador do s. XX Fernand Brandel (1902-1985): “serian un feliz accidente da historia, entendendo que mesmamente ben poderían non haber existido que nun tempo determinado...” Pensando en Vigo, cales serian as ameazas para o seu crecemento e sostibilidade? Cal é o mellor desenvolvemento que preserve os seus recursos, e equilibrios naturais de cara a unha mellor calidade de vida? Como combinar o equilibrio medioambiental co desenvolvemento económico e a xustiza social? Velaí os retos para unha cidade como Vigo, a redor dos 300.000 habitantes e cunha Área Metropolitana que sumaria preto de 500.000.

Unha cidade que se prece debe ter en conta tres elementos fundamentais: a urbanidade, a diversidade e a alteridade. Esta última calidade, supón o recoñecemento da individualidade e especificidades da poboación emigrante. Vigo, sabe moito do que significou poñerse no lugar do outro, e recoñecerlle aos milleiros de persoas, que por diferentes motivos de traballo ou políticos tiveron que deixar os seus lugares ou países de orixe, con diferente historia, lingua e cultura para conseguir ao noso carón unha vida digna. Respectar o outro para ao mesmo tempo ser respectado.

Historicamente ás primeiras vilas aparecen hai 5.000 a 6.000 anos, nas rexións fluviais do Nilo, Tigres, Éufrates, Ganxes...onde se domesticaron as plantas (cereais) e os animais, as dúas caras da agricultura. Enriquecéronse a través do comercio e das guerras (espolios, escravos, terras ocupadas, desvío das augas...). Catro vilas en 1800, gozaban da súa idade de ouro, cunha poboación aproximada ao millón de habitantes: Roma, Bagdad, Constantinopla e Xangai. En 1900, son once ás vilas millonarias: Londres, Nova Iorque, Berlín, Chícao, Viena, Tokio, San Petesburgo, Filadelfia, Moscou, Pequín e Calcuta. Había 166 vilas en 1960, dezanove con mais de 5 millóns de habitantes; 545 en 2015 catorce delas con 20 millóns e habería 750 en 2030, das cales 150 en China, con unha media de 6,6 millóns de habitantes

Paul Bairoch (1930), especialista en historia urbana e demografía histórica, na súa obra: Taille des villes, conditions de vie e developpement economique (1977), considera o clima, o grao de polución, a saúde, os ingresos e impostos dos cidadáns, a produtividade, o transporte, a vivenda... como os elementos claves nos retos e futuro para as cidades a redor dos 500.000 habitantes nos que se podería encadrar a Área Metropolitana de Vigo. Pontevedra con 84.082 habitantes, pensa mais nun confort de calidade a través do criterio “sempre mellor” ca do “sempre mais”.

En 1999, a cidade media mundial tiña unha pegada ecolóxica de 2,3 hectáreas globais, contra 9,6 por un americano medio. Dicíase que si tódolos terrestres se compórtanse como os americanos, farían falta mais de tres planetas Terra.

A cidade ideal revelase como un lugar no cal se desenvolva a economía, o emprego, os servizos sociais e sanitarios, a cultura, o medio ambiente, e sobre todo a sustentabilidade e a “alteridade”, a redor dunha necesaria ordenación territorial e cooperación urbanística. En definitiva son os efectos económicos e xeográficos –acordes con Brandel- os que configuran a historia das cidades.

Porén, Vigo mudou nunha certa medida dun “capitalismo sólido”, empresas e empresarios arraigados sobre o terreo e participantes na vida social da cidade a un “capitalismo líquido”, caracterizado polos fluxos permanentes e rupturas das empresas polos seus promotores, tal como e definido polo ensaísta, sociólogo e filósofo Zygmunt Bauman (1925-2017).

Por outra banda, os contenciosos medioambientais non son novos, presentes na lexislación romana, foron frecuentes na Idade Media entre os artesáns e os seus veciños. Sen embargo, coa industrialización a nocividade púxose ao lado do progreso, toda cheminea que votase fume era un signo de “boa saúde económica”. As sancións fronte as contaminacións industriais aínda chegarían no s. XIX.

*Médico psiquiatra e psicanalista. Membro da Asociación Cultural Pertenza

Compartir el artículo

stats