Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Libros para As medras

Literatura de Pontevedra

Se detemos a mirada na provincia temos moito que ver. Por un lado están as editoriais: Galaxia, Xerais, Edicións do Cumio, Fervenza, OQO, Retranca, Triqueta Verde... e Kalandraka, cun catálogo de libros que poden ser definidos como de editor. Unha riqueza!

Por outra banda, a creación ten moi bos representantes. Se nos detemos na literatura de tradición oral, Henrique Harguindey e Maruxa Barrio, dende o Morrazo, ofrecéronnos Lerias e enredos para os máis pequenos e contos populares en diferentes edicións.

Palmira Boullosa deixounos cedo, pero a súa pegada está presente. Foi especialista nesta literatura popular, con varias publicacións: Adiviñas, Arrolos, Mentiras, Quen panda?, Cando o rei por aquí pasou, e novelas como A princesa Lúa e o enigma de Kian e Brandol, fillo de Ferreol.

Bernardino Graña tamén parte do tradicional e popular para crear as súas obras, que van dende Cristo e San Pedro; Peregrinos: contos populares de Galicia, contos rimados (Rata linda de Compostela, O Quirico lambón...), a narrativa (Xan Guindán...) e obras de teatro (Lobísimo do saco. Tres titiritadas...).

Incluso Méndez Ferrín, o único proposto para o Nobel de Literatura dende o galego, ten unha obra dirixida a este público: Arnoia, Arnoia, que forma parte da Lista de Honra do IBBY de 1988.

María Xosé Queizán inaugura a literatura infantil con perspectiva de xénero coa novela O segredo da Pedra Figueira e escribe tamén a biografía Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros, publicada en 2014. Compromiso de muller!

Compartir el artículo

stats