Opinión | Segunda Feira
Peniche e caos
Os Choróns, O Calvario, As Travesas, Casabranca, Peniche e outros territorios, forman parte do nomenclátor fantasmal da cidade de Vigo. Son espazos urbanos que están rexistrados con nomes administrativos diferentes. Falamos dun fondo nominal de procedencia dubidosa que o pobo usa e que o Concello descoñece.
Acheguémonos a un dos dous topónimos urbanos antes citados sen artigo determinado: Peniche, que hoxe identifica unha porción de Vigo marcada polo cruzamento das rúas de Pi i Margall, Tomás Alonso e López Mora. Segundo unha fonte fiábel, Peniche era antano un lugar no cal a fregresía de San Tomé de Freixeiro estremaba coa de Santa María de Vigo. Falamos en entidades civís de poboación.
Durante boa parte do século XX a principal información pública sobre o nome do territorio foi un rótulo que anunciaba o “Sanatorio de Huesos de Peniche” do doutor Recaredo Álvarez. Seguen a existir comercios que nos fan acordantes do nome de Peniche, zona enriquecida non hai moito con excelentes pinturas murais das que é autor Antón Pulido. Praza das Apertas é o nome, coido que iniciático, da intervención do artista vigués e orixinario de Amoeiro.
O nome de Peniche, alén de carecer de carácter oficial, representa para o lingüista un enigma. Cal sexa o étimo ou proxenie de Peniche é algo que semella difícil de dilucidar. O feito de non existiren en Galicia outros lugares tamén chamados así, suxire a posibilidade dunha traslación desde fóra. E é aquí onde batemos coa vila portuguesa (distrito de Leiría) tamén chamada Peniche e que vén sendo documentada desde a Idade Media.
Nunha antiga fortaleza deste Peniche do Sul funcionou, durante o rexime fascista de Salazar unha dura prisión política rexida pola PIDE. Será o Peniche vigués un préstimo toponímico do portugués transduriano? Para o Peniche portugués propúxose un étimo celta e relacionado co penn bretón que soa coma o mar nos penedos de Penmarch: hipótese infundanda. A cuestión complícase ao nos decatarmos de que en francés existe un nome común, tamén peniche, cuxo significado evoluiu desde calquera embarcación de transporte fluvial até as lanchas de desembarco que se fixeron famosas en Normandía.
Podémoslle dar voltas ao veo sen chegar a conclusións sólidas sobre a etimoloxía do noso Peniche, onde hai un camiño que se bifurca. Un ramal lévanos a Bouzas e, o outro, ás Travesas, que tamén son zonas da cidade cuxos nomes non están asumidos pola administración local.
Suscríbete para seguir leyendo
- Bañeras de mármol y piezas de la balaustrada de hace un siglo entre los restos del derribo del antiguo balneario do Outeiro: la Xunta pide a la Policía Autonómica que acuda al inmueble
- Fallece con cinco días de diferencia el matrimonio centenario de Nigrán tras 78 años de casados
- La Policía Local de Vigo rescata a una joven arrastrada por la corriente unos 50 metros en la desembocadura del Lagares
- Murió tras un error de diagnóstico en las Urgencias del hospital de Ourense después de un accidente en una ambulancia
- Así afecta la presencia de E. coli en las playas de Vigo: esto es lo que pasa si te bañas
- Ya está el calendario escolar 2026-2027 en Galicia: fechas de inicio de curso, vacaciones y claves para la conciliación familiar
- Cangas multará de forma directa y sin actuar subsidiariamente a los propietarios de fincas sin limpiar que sean reincidentes
- Paco y Carmen, el matrimonio centenario de Nigrán que murió en unos días
