Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

TRIBUNA LIBRE

San Antón sen carpa

Desde o máximo respecto a todo o mundo, teño que facer unha forte crítica e duro reproche ao goberno de Vila de Cruces pola súa negativa a prestar a carpa do concello para unha importante celebración e conmemoración en Merza. A parroquia síntese moi orgullosa das súas tres bandas que co prestixio acadado levaron e levan ben lonxe e ben alto o nome da parroquia e do Concello de Vila de Cruces.

O sábado 18 de xuño celebramos en Merza unha festa, con gran participación dos veciños, na que a banda dos veteranos e o coro da parroquia tiñan o seu merecido protagonismo. Pero o Concello non estivo á altura. A carpa solicitouse en forma e tempo e non había motivos para non cedela. Fallou o concelleiro encargado, prepotente de máis, e fallou o alcalde, que xa faltou á súa palabra de ceder o cargo aos dous anos de tomar a posesión. Estou moi enfadado pola discriminación que se fixo contra a parroquia e sinto vergoña de que me identifiquen con este concello que se aproveita da nome e da fama do que temos na parroquia pero en nada colabora nunha celebración tan querida e merecida.

P.D.: Estas verbas que escribo saen dunha persoa, veciño de Merza, que paga os seus impostos no concello. Un veciño ao que lle gusta a festa, desfrutar coa xente e compartir celebracións cos veciños e sempre de “bo rollo”. Nesta ocasión fixemos festa igual. Tapámonos cuns plásticos na vez de carpa do concello, pero iso non impediu desfrutar dun fermoso día de convivencia e celebración entre os veciños. O lamentable foi o comportamento do concello, absolutamente decepcionante

Compartir el artículo

stats