Opinión | Tribuna libre
Julio Santos Pena*
A illa chora: vaise Victoria... fóronse todos
Chégame a mala nova de pasamento de Victoria, a última veciña fixa de Ons que a carón do seu home, o mítico illeño Cesáreo, resistiu ata o final dos seus días naquel paradisíaco enclave que a veu nacer hai 77 anos cando Ons tiña unha vida social propia e singular cunha chea de veciños, familias con nenos e nenas que choutaban polas corredoiras de Pereiró, Canesol, Curro, Cucorno... coa ledicia de calquer neno do mundo. Era unha vida sen nada especial onde as xentes convivían, casaban e tiñan fillos e fillas e facían as festas e, en xeral, eran todos, o case todos, felices ata que a alguén decidiu marchar á Terra e descobrer unha vida distinta, aparentemente mellor, e tras del foron desfilando os illeños cada semana na percura desa nova felicidade social.
Pero Victoria e Cesáreo, con alguns otros, poucos, decidiron permanecer ancorados na Illa que os veu nacer; no recuncho de Pereiró onde construiron a vida mesma; onde formaron a súa familia; onde eran eles parte dunha terra prodixiosa que hoxe ten outros habitantes de un día que chegan, fan ruido e marchan, se cadra para non voltar. Victoria deixanos hoxe e moito me temo que a Cesáreo vaille pesar moito o teito da súa casiña e non me extrañaría que, cos anos que tamén ten uns poucos, buscase o cobillo familiar das fillas en terra. E Pereiró quedará xordo e mudo e a Illa valeira da súa xente.
Hoxe a Illa chora con nós por Victoria. Vaise Victoria... fóronse todos.
*Exmestre de Ons.
- El ave que se «come» a la velutina
- Entrar en los dobles grados de Matemáticas, Física e Ingeniería Informática, solo para alumnos sobresalientes: exige más de un 13
- Arrasado por un incendio un edificio en pleno centro de Pontevedra: «Creía que iba a explotar todo»
- La hostelería da una salida a los migrantes de Sanxenxo: «Es una satisfacción enorme ver cómo se abren camino»
- La Xunta dará bonos de 50 euros para comprar pescado a partir del 28 de julio
- Cuatro noches de música con Heredeiros da Crus y las orquestas Players y Los Magos en las Festas do Carme
- Vigo activa la venta de entradas para los conciertos de Castrelos: horarios, límites y consejos
- Se complica el fichaje de Bryan Zaragoza