Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

TRIBUNA LIBRE

Día mundial do libro

O venres vinte e tres celébrase o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor fixado pola UNESCO desde 1995.Antes esta celebración facíase o sete de outubro motivado polo nacemento de Miguel de Cervantes como Festa do Libro Español e logo pasouse a nivel mundial, festa universal, arredor das mortes do mesmo Cervantes e a de Shakespeare, á data que arestora se celebra.Velaí pois un día especial, en acentos de intensidades populares, na defensa dos libros como elementos imprescindibles, soportes importantes de beleza, para mediación das lecturas , nos saberes creativos das Linguas, a saborexares ( de tantos gustos) das boas Literaturas nas Culturas dos distintos Pobos e Estados.Tamén así un día solidario e cheo de sentementos irmandados para que tamén polos libros recoñezamos as marabillosas diversidades que suman e aportan contidos tan cualitativos ao todo universal.Todos os anos noméase unha cidade como Capital Mundial do Libro. Este ano ( o vinteún) correspóndelle tal distingo a Tiflis( Tibilisi) de Xeorxia, país soberano na costa do mar Negro, Europa Oriental.O seu idioma oficial é o xeorxiano, no setenta e un por cento, xunto co ruso, armenio, azerí e algún máis.

E así desde nós, desde quen somos, postos nas maiores ilusións, no compás dos libros, nas lecturas de ganchete e no exercício dos pensamentos, libremente, velaí como nos volvemos a mellores e poñemos as nosas palabras a camiñar, sentindo emocións de altas gradacións. Cos libros facémonos parte viva do universal. Axudamos construír unha sólida realidade de país. Por iso, conectando, sabéndonos Nós, sen dicir non a ninguén, así iremos. Iso é abrazar..Iso é poñer as horas a toda luz.

*Mestre e escritor estradense

Compartir el artículo

stats