Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xosé Luis Méndez Ferrín.

Doce de outubro en Ecuador

0 12 de outubro de 1492 Cristovo Colón descubríalle ás elites políticas e económicas de Europa a existencia dunha terra imprevista que había ser chamada América. Na súa marea, Cristovo surcou o Océano en barcos non moi mariñeiros chamadas carabelas, nome este que en galego Ile damos aos canastros ou recipientes que se fan con bimbios urdidos.

O 12 de outubro ou outono, foi fixado por España como "Día de Ia Raza" ou "Día de Ia Hispanidad". Un día coma este (Ramiro de Maeztu, José Antonio Primo de Rivera, Franco, eran do Día), escenificouse en 1936, un episodio bufo e tráxico do cal nunca se deixou de falar e rexoubar, mesmo alén dos Pirineos e do Océano citado. Refírome ao discurso que Miguel de Unamuno, próximo á morte, improvisou perante unha concorrencia franquista en Salamanca, o 12 de outubro de 1936, deflagrando grande incendio de xorne feixista. Disto falamos na nosa columna anterior do Faro. E disto latricou o columnismo español máis sistemático desgustado por esa espléndida película do envexado mestre Alejandro Amenábar. Cal das razas humanas se conmemoraba o 12 de outubro de antano é cousa que ningún educador explicaba na nosa cándida nenez.

Pero, nestes días precedentes ao 12 de outubro de 2019, e agora mesmo, xorde unha noticia moi pouco arexada na Madre Patria, que non é Pacha Mama. A noticia é esta: as nacións indíxenas de Ecuador alzáronse e están a liderar a revolta de todo o pobo contra o liberalismo económico e o servilismo dun Lenin Moreno axeonllado en Quito aos pés de Trump e do Imperio. O cal non é Imperio español, xa que este se evadiu, como reza o poema de Manuel Antonio, trala corda frouxa do horizonte da Historia Universal. Agora o 12 de outubro é o Día dos Pobos Indíxenas de América. Non se produciu unha "destrucción de las Indias", como temía e polo que choraba Frei Bartolomé de las Casas. Asistimos, ben tempo após 12 de outubro de 1492, a unha resurrección feliz, aínda que para moitos non querida, dos pobos orixinarios do continente americano. Deséxolles sorte na súa viaxe ao futuro a estes supervivintes da colosal infamia.

Compartir el artículo

stats