Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xosé Luis Méndez Ferrín.

Os camiños da vida

Xosé Luis Méndez Ferrín

¡Qué viva AMLO!

Fixo a súa "protesta" como presidente de México Andrés Manuel López Obrador. E eu lembro agora os días en que aquela república que se empeña en chamarse a si mesma Estados Unidos de México non recoñecía o réxime de Franco, o mesmo que Iugoslavia. Tamén é verdade que, en represalia, o concello de Vigo borrou o nome de México do seu nomenclator municipal. O feito de que México só recoñecía o goberno da República Española no exilio non constituiu obstáculo para que as películas mexicanas, especialmente as de Cantinflas e as de Jorge Negrete, tivesen durante o franquismo moito éxito. Nós, os demócratas, nunca esquenceremos ao presidente Lázaro Cárdenas, que acolleu con fraternal solidaridade os refuxiados españois en México.

Entre os plans de Obrador figura a reunión que pensa manter cada día ás seis da mañá coa cúpula do exército e dos responsabeis policiais. Esta promesa revela o desexo presidencial de combater a violencia e a corrupción no país.

Ao rebaixarse o 40% do seu soldo, Obrador obrigará a todos os políticos e a funcionarios a facelo, xa que ninguén alí pode percibir do estado un salario superior ao do presidente da República.

Intentará unha Franxa Norte como polo do desenvolvemento económico, para crear unha fronteira de fartura frente ao muro de Trump. As propiedades públicas, naturalmente o petróleo, non derivará (diso estou certo) á privatización. Como se sabe, México é un país multinacional no que son moitas (non sei cantas) as nacións orixinarias que sobreviviron ao exterminio iniciado polos españois e continuado polas clases dominantes, burguesía e terratenentes, despois da independencia. Está previsto incentivar e discriminar positivamente as linguas e as culturas indíxenas de México.

En contraposición ao que ocorre no grande país federal do Sul, onde Lula é preso, México vai ser gobernado por un mandatario culto e progresista. Algo no seu discurso nos fai acordantes de Salvador Allende. Non penso que os EEUU (os do Norte) teñan hoxe poder para derrubar a López Obrador mediante un golpe de estado e menos cunha invasión militar. Sospeito que o intentarán cos novos métodos de subversión pseudopopular e a xudicialización exercida por maxistrados sicarios.

Compartir el artículo

stats