Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

O pan da poesía

Abella é un poeta de verdade. Vive xusto no epicentro, no corazón da poesía. A súa escrita zumega autenticidade por todas e cada unha das palabras, das estrofas. Os seus versos rexos, fortes, vigorosos á vez que delicados, amorosos e reivindicativos forman parte de Nós, como o Pórtico da Gloria.

A súa voz poética é todo un estralampo melódico, harmónico de tesón e paixón. Hai unha "cousiña" aínda mellor que ler a Abella, escoitalo. Está demostrado polos investigadores da USC, o movemento de rotación da Terra detense cando recita o noso egrexio poeta.

Velaí a forza da súa palabra. A palabra sentida, cantada, ensoñada, a palabra amiga, de amor, de loanza, de condena. A palabra do poeta a sobrevoar mainiño por entre as nubes do ceo do seu Monforte natal, da Auria dos seus poemas e artigos aurorais, da emisión Sempre en Galiza en Caracas, de Pontedeume, Rociana del Condado, da Universidade Popular de Ortigueira, do colexio de Roxos, dos Tilos, da Estrada, de Compostela? A palabra do mestre é todo un deleite para os sentidos. Ética e estética ao servizo de Galicia.

Abella é único. Como di Xesús Alonso Montero, "Non hai en Galicia hoxe un poeta celebratorio da magnitude e diversidade de Fernández Abella. Quizais non o houbo nunca."

Xoán Xosé Fernández Abella posúe unha obra profunda, telúrica, que abroia dende os mesmos piares da Terra. É un dos grandes. O Pan da poesía.

*Escritor estradense

Compartir el artículo

stats