Ao longo dos tres últimos meses, na sala do teatro de Afundación, poidemos disfrutar dunha mostra que percorre a obra dun dos mellores paisaxistas galegos do último século. Trinta e dúas obras representativas do xeito de pintar singular e único de Antonio Quesada Porto voltan a vindeira semana para seus lugares de orixen, motivo polo que a tódolos que dalgún xeito estivemos implicados neste proxecto aflórannos sentimentos enfrontados. A nostalxia da desmontaxe, e a gratitude a todos aqueles que nos apoiaron.

En primeiro lugar cumpre agradecer ás institucións coas que fomos da man, Afundación e a Xunta de Galicia a través da conselleria de Cultura, Educación e Ordeación Universitaria. A colaboración do Consorcio da Zona Franca de Vigo, Fundación Celta, CGAC e tódolos prestadores de obras. Grazas especialísimas a tódolos profesionais da área de Cultura e traballadores de Afundación que difundiron o personalísimo estilo de Antonio Quesada a 2.000 estudantes e nenos. Pero por riba de todo, grazas a miles de cidadáns que ao longo deste tempo se achegaron á sala e protagonizaron o éxito da exposición.

"Antonio Quesada dende o sentimento" converteuse en homenaxe a un artista e home excepcional, pero ninguén mellor que a sua filla menor, Alicia Quesada Rodríguez, para expresalo. Déixovos a súa carta.