Síguenos en redes sociales:

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Carta do bosque

Meus ben queridos amigos:

Non vos sorprendades desta carta. Teño conciencia de que son moi velllo e moitos de vós dádesme as costas sen amosar o máis mínimo respeto. Mais non pretendo darvos consellos nin leccións morais. Gustaríame falarvos e ensinarvos a miña esencia para que vexades que son eternamente novo, se cadra máis que algún de vós. Ao tempo son un neno que cre nos soños que vos poden levar a unha vida ideal. Creo que o pequeno carballo que brota dunha landra agocha, como forza viva da natureza, un ideal de paraíso que non é froito da miña imaxinación. Creo que o canto dos xílgaros é pura enerxía emitida na frecuencia de decibelios adecuados aos vosos oídos. Mais é posíbel que sexades incapaces de escoitar esta música que, aínda que non o saibades, é a voz que modula os ciclos da vida. Ata os máis depravados sentíronse alguna vez conmovidos por ese son e non se perderon de todo.

É posíbel que estes pensamentos semellen tolerías para que crea nelas alguén maior. Mais eu nunca me farei vello e gostaríame que o comprenderades. Son coma un neno que nunca pasa o tempo por el. O meu desexo sería ser mestre, mais non estou preparado para selo. Na miña escola procuramos que os cativos compartan ideais de vida. Eu intento facer o papel de irmán maior camiñando ao seu carón.

Non quero roubarvos máis tempo coas miñas toleiras, mais si, no final desta carta, si me atrevo a darvos un único consello a todos: Acercade aos cativos a coñecer o corazón da fraga.

(*) Artista e artesán da madeira

Esta es una noticia premium. Si eres suscriptor pincha aquí.

Si quieres continuar leyendo hazte suscriptor desde aquí y descubre nuestras tarifas.