Síguenos en redes sociales:

tRIBUNA LIBRE

Cabada Vázquez

A cultura estradense, especialmente xunto coas súas escritoras e cos seus escritores, teñen extensións cualificadas e así ben se pode notar por feitos como os que seguen.

Da man do avogado estradense Xosé Senén Rodríguez Castro, letrado en Catalunya, chegáronme tres libros orixinais, tres Vagalumes, de X.M. Cabada Vázquez, publicados a comezos de 1931 pola imprensa Lib. Enc. do Seminario C. Central de Santiago de Compostela, sendo o noso poeta por aquel tempo diácono da igrexa, mestre, licenciado en Filosofía e Letras ( Sección de Historia) e moi significativamente decidido militante na ideoloxía galeguista.O primerio destes exemplares de Vagalumes , Versos Galegos, está totalmente limpo de calquera anotación. O segundo e desde o Pazo de Raxoi no 1931, está adicado como se di de puño e letra a Älvaro de las Casas fundador daqueles grupos de mocidade nomeados os " Ultreias". " Para Álvaro de las Casas alma acesa e afervoada, i-esprito acugulado de tódalas arelas e saudades da liberación da Terra", así pode lerse.O terceiro vai con adicatoria de agosto do ano 1933 por cando Cabada nese verán ten que desprazarse a Barcelona para realizar na universidade desa cidade os " cursos prácticos" para obter titulación de profesor de instituto. De aí que contacta coa cultura e política catalana e así co catedrático de Filoloxía Clásica da universidade de Barcelona, Mariá Bassols de Climent, eminente latinista. " Para o Dr. Bassols, gran catador dos engados das Literaturas Crásicas.Cativa ofrenda de iste feixe de poesías escritas na emigradora fala de Galicia, feita devotamente frol" reza a adicatoria escrita por Cabada.

Velaí unha mostra extensiva de nós, da Estrada literaria e culta, popular, e polo mesmo temos que seguir nela, apañando argumentos para as responsabilidades de normalización de quen somos.Todo suma e todo fai nome propio.A Estrada.E así Cabada escribiu:" Galicia!...! Nai Galicia?!! Terra a nosa!...! Caiamos por Galicia na batalla!".

*Escritor veciño da Estrada.

Pulsa para ver más contenido para ti