Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

O 'streap-tease' do BNG en Bueu

O goberno do BNG de Bueu participou no espectáculo de streap-tease masculino e feminino que se celebrou durante a concentración de motos na vila a última fin de semana de maio.

Dous días despois do espectáculo, no pleno do luns 5 de xuño, o alcalde Felix Juncal dixo que o concello colaborou coa xuntanza con seis mil euros. Respondía así a unha pregunta do público.

Como un goberno que se considera progresista apoia un streap-tease?, pregúntanse alporizados moitos veciños, especialmente as mulleres. Non entenden que os seus cartos se gasten así.

O Club Moteros do Morrazo, organizador do evento, desimulou este espectáculo no programa que figuraba no cartel. Para as 3.00 horas da noite do sábado a domingo aparecía un recatado "show nocturno" na carpa aberta ao público. Así tamén informaba a prensa local.

Quizais esta ambigüidade confundiu ao goberno municipal á hora de dar o permiso e o diñeiro. Pero, a verdade, eu creo que o alcalde desistiu de obter máis información, se xa non a coñecía, para non poñerse a mal cos moteiros.

Juncal é un home afable que quere resolver os problemas dos veciños. Pero tamén é certo que os votos son os votos. Hai que pensar neles aínda que o Bloque participe nun streap-tease mixto. Iso si, a pegada nacionalista quedou no cartel en galego.

*Veciño de Bueu

Compartir el artículo

stats