Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Multados no enterro do noso pai

Hai un tempo o señor alcalde reuniuse coa ANPA dun colexio lalinense e dixo que daría instrucións á Policía Local para que fosen permisivos co estacionamento dos vehículos á entrada e saída dos rapaces. Houbo quen critiquou este tema porque pode ocasionar tratos discriminatorios. Pois tiñan razón. Pasounos a min e a miña familia hai pouco no enterro de noso pai o que vos conto: Pese a ter o permiso de palabra para aparcar excepcionalmente por mor do enterro, eu e varios familiares volvemos para a casa cunha recetiña (teño os nomes, as matrículas dos multados e tamén dos non multados).

Quen da a orde de ser permisivo tamén a retira cando lle da a gana ou que criterios utiliza? Con quen ten que ser permisivo a Policía Local e con quen non? Por que se enganou á xente autorizando verbalmente o aparcamento? Non tardou en darse o caso. Lembrades todos cando se publicou nas redes sociais a foto dun coche mal estacionado dun membro do gobermo e a Policía Local non o multou? A que xoga Cuiña? A lei é igual para todos. Onde está a igualdade sendo permisivos con uns e con outros non? Ten algo que ver que se multara só ós que teñen unha vinculación manifesta con x persoa? Foi casualidade? Si, desconfiamos de Cuiña porque el mesmo o buscou actuando como actúa e dicindo o que di. Un alcalde non pode faltar á sua palabra nin dar instrucións para ser permisivo con uns e con outros non. Ou si que pode? Foi un erro ou unha mentira? Foi culpa dun político ou dun funcionario? Todos os multados pídenme que faga público estes feitos porque consideran que se riron deles desde o concello. Está claro que se non lles derán permiso de palabra non terían alí aparcado o coche. Tamén denuncian que houbo multas selectivas (curiosamente multaron aos meus familiares). E, por suposto, chegados a este punto, os afectados ratificaremos esto mesmo que digo diante de quen sexa. Todos somos iguais. Non é grato ter que tolerar favoritismos.

Compartir el artículo

stats