Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

dende o meu sofá

IBIdem

O xornalista Joseph Goebbels, ministro de Hitler, dixo que repetindo a mentira mil veces convertiríase en verdade. Parece que neste estado de cousas hai algúns empeñados en alimentar esta máxima hitleriana; como dicía aquel, apaga a luz, imos falar.

O mesmo de sempre, o mantra dalgúns: "a Igrexa e a súa fiscalidade". Que máis que un mantra parece onanismo enfermizo ou ninfomanía histérica. É preciso comezar dicindo que o Estado Español mantén convenios de colaboración coas relixións islámica, xudía e igrexas evangélicas que, en materia fiscal, son semellantes aos que mantén coa Igrexa católica.

O contido dos manoseados Acordos do Estado coa Santa Sé ocupan pouco espazo no BOE así que non estaría de máis que todos os falantes os lésemos. Nestes dise:

1) A Igrexa ten plena capacidade para solicitar colectas, esmolas, etc. e ademais estas non estarán suxeitas a imposición.

2) O Estado permite aos contribuíntes decidir se unha pequena parte dos seus impostos van destinados á Igrexa católica.

3) A Igrexa terá os mesmos beneficios fiscais que o ordenamento prevexa para as entidades sen ánimo de lucro. Polo que afirmar que a Igrexa católica dispón dun réxime fiscal privilexiado é descoñecer un pouquiño a lexislación. A Igrexa ten o mesmo réxime que calquera fundación, asociación de utilidade pública ou ONG de desenvolvemento. Ademais é o mesmo do que gozan as demais confesións que manteñen convenios co Estado.

Así as cousas:

1) A Igrexa ten a obrigación de cumprimentar a declaración anual e tributar polas rendas que non se atopen exentas, como calquera outro contribuínte.

2) A Igrexa non ten ningún tipo de peculiaridade en materia de IVE.

3) En canto ao Imposto de Transmisións Patrimoniais, a Igrexa está exenta do mesmo ao igual que o Estado e as Administracións públicas, a Seguridade Social, as entidades sen fins lucrativos, as obras sociais das caixas de aforro, as outras comunidades relixiosas, a Cruz Vermella e a ONCE.

E agora? (tachán!) o IBI:

4) Os templos, capelas, reitorais e mosteiros están exentos do IBI. Tamén o están as mesquitas, residencias dos imáns e dirixentes islámicos, os locais da Comisión Islámica de España e os centros destinados á formación de imáns. E tamén: os bens comunais e montes veciñais, os da Cruz Vermella, os locais dos gobernos estranxeiros, os edificios situados nos terreos ocupados polas liñas de ferrocarrís, os monumentos de interese cultural, e os das entidades beneficiarias da lei de mecenado.

5) A Igrexa non goza de ningunha exención en canto ás taxas municipais (recollida de lixo, por exemplo).

Que si, que cada un defenda o que considere oportuno, pero coa verdade. Pode que algúns nos tomen aos cidadáns por parvos, iso si: a vaquiña polo que vale. Ibidem.

Compartir el artículo

stats