Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Partida mal xogada

A Mancomunidade do Salnés está a vivir unha situación de crispación creada por algún dirixente socialista da comarca, que non ten precedentes. Nela sempre existíu un ambiente conciliador, positivo e de traballo conxunto, como debe de ser nunha institución de carácter voluntario, xa que os concellos non teñen obriga de pertencer a ela.Neste mandato o PP, ainda sendo o partido con máis representación da comarca, non acadou a maioría absoluta no pleno para poder investir directamente ao presidente cos votos dos seus concelleiros. Esta situación abría a posibilidade a que alcaldes doutras formacións puidesen arrebatarlle a presidencia despois de moitos anos.

O PSOE optou por entrar nesa partida que había que xogar para buscar os apoios necesarios e intentar conseguir a presidencia da Mancomunidade por primeira vez no Salnés, a responsabilidade recaeu no alcalde do Grove, persoa que se podería converter no referente na comarca. Descoñezo as xestións que realizou, creo que máis ben foron poucas, o que si é unha realidade é que non foron fructíferas xa que os Independientes da comarca abstivéronse na votación e Gonzalo Durán foi presidente cos apoios dos seus compañeiros de partido. Posteriormente, Cacabelos non disimulou o seu enfado e empezaron as disputas con Durán, enfadándose tamén cos Independientes da comarca, mesmo parecendo a veces que o PP non estaba lexitimado para gobernar na Mancomunidade, por non ter maioría absoluta aínda que somos o partido coa mais ampla representación no plenario. A verdade é que o alcalde do Grove xogou mal a partida e iso pasoulle e pasaralle factura dentro do seu partido, igual que lle pasará factura a pérdida do Obradoiro de Hostalería, xa que se aprobou no último pleno por maioría o traslado desta escola para Sanxenxo. Agora Cacabelos protesta por facer uso partidista da Mancomunidade por parte de Durán, pero si no Pleno foron os propios socialistas, alcaldes e concelleiros de toda a comarca os que se abstiveron, pedindo incluso a rotación entre todos os municipios do Salnés. Só os representantes do PP do Grove defenderon e puxeron de manifesto o seu rexeitamento a esta decisión e por suposto votaron en contra da medida. Polo tanto, o Grove unha vez máis en tan só seis meses, segue a perder protagonismo na comarca e na provincia, en este caso cun asunto tan importante coma é o obradoiro de hostalería do Salnés, perde outra oportunidade e Cacabelos carga a culpa dos seus males ao PP e aos partidos independientes. Os socialistas están convencidos de que cando un partido independiente vota ou apoia ao PSOE, esa decición é xusta, racional e a máis sensata, pola contra, si apoian ao PP se está a facer un uso partidista da institución, e a decisión non é coherente?

Cacabelos xogou mal as partidas, e sigue equivocándose, agora ameazando coa saída do Concello do Grove da Mancomunidade. O resto dos veciños do Salnés non desexamos iso, pero sobre todo non insista en desfavorecer aos propios veciños do Grove polas súas xestións mal feitas, xa que entre outros posibles perxuicios desa saída destaca sobre todo un servizo como é o abastecemento da auga.

* Luis Aragunde é portavoz do PP na Mancomunidade

Compartir el artículo

stats