Estimado presidente Darío Portela, de la Asociación Cultural Adina: Lamentamos profundamente que non entenda o significado das denuncias da Asociación de Veciños de Adina e que non sexa quen de valorar a importancia dos feitos sucedidos nos últimos tempos coa instalación do bar na Casa de Cultura de Adina. Enviarémoslle unha nota aclaratoria explicándolle o significado de cada palabra do último artigo, no que por certo, non os citamos en ningún momento.

A verdade é que esperabamos resposta da alcaldesa para esta semana, o no seu defecto, algunha maniobra que desviara a atención das tropelías denunciadas polo colectivo veciñal. Catro días foi o tempo que tardou en chegar esta nota. Coma podemos comprobar na súa resposta a todo o denunciado, a vostede, coma bo e responsable presidente, non lle preocupan as mentiras da alcaldesa e descoñece se as instalacións onde vostedes fan actividades reúnen tódalas autorizacións correpondentes para tal fin.

Tampouco lle importa que nun mesmo espacio "cultural" se mesturen nenos con borrachos como xa sucedeu noutras ocasións. Non lle preocupa que algúns veciños teñan prohibido o uso do Centro Cultural e sexan discriminados sen motivo algún. Non lle importa que a responsable de todo isto estea imputada por casos de corrupción. Non lle importa dicir nos medios públicos que a festa do día 1 de marzo rematou antes das 3:30 da madrugada, cando os asistentes a nosa celebración, pasaron de volta pola casa de cultura de Adina a esa hora, puidendo ata confirmar o nome das persoas que dirixían o equipo de música. Non lle consta que o colectivo veciñal traballe suficiente e a alcaldesa dí que acaparamos demasiado, non hai quen o entenda.

Sabemos que non lle importa que se eliminen actividades culturais que a propia alcaldesa prohíbe para beneficiar a un negocio privado de bebidas alcohólicas e tabaco. Non se pregunta porqué a alcadesa négase a entregarnos a documentación solicitada sobre a Casa de Cultura, así coma tódolos permisos do bar que está instalado alí. Tampouco lle preocupa que uns representantes públicos promoveran un negocio de bebidas alcohólicas e tabaco nun lugar onde estaba prohibido polo Regulamento Municipal de Usos dos Centros Culturais aprobado no 2003. Non pensa que nun kilómetro arredor da Casa de Cultura existen máis de vinte bares e cafeterías, dende a Vichona ata Portonovo, dende a Barrosa, Rial, Seixal, Baltar, Barbeito ata Arra, que cos seus impostos pagaron e manteñen o bar da Casa de Cultura, coa súa competencia desleal incluida, e por riba tamén quedáronse sen actividades. Pois sí, estes negocios existen aínda que a alcaldesa diga que non. ¿Por qué non apoia os bares dos veciños da parroquia e se preocupa tanto polo da Casa de Cultura? ¿Qué intereses pode ter en este bar en vez de defender as actividades culturais?¿Non preside vostede unha Asociación Cultural?

Non lle vamos a pedir que entenda, que non se pode celebrar unha festa infantil na que se mesturen persoas bébedas que sexan clientes do bar cos propios nenos no mesmo lugar onde se realiza unha festa infantil. Unha pelexa con borrachos onde hai nenos é algo que non volveremos a consentir. Sabemos que de todo isto que publicamos, a vostede non lle chamou a atención pois nin o cita na súa nota de prensa e pola contra, asegura que os utilizamos para malmeter e saír na prensa.

Pois ben, se quixeramos malmeter bastaba con chamar a Garda Civil o 1 de marzo a iso das tres e media da madrugada para denunciar o que estaba sucedendo na Casa de Cultura. En canto ó da prensa, estamos máis que fartos de facer denuncias públicas pero os veciños teñen dereito a estar informados. Tódolos veciños sabemos quen creou a súa asociación e porqué, a que se dedica a súa asociación e porqué, para que organizou unha Festa de Carnaval, na parroquia onde xa había unha anunciada, e porqué. Evidentemente, a Asociación de Veciños de Adina non divide a parroquia, todo o contrario, de ser así non tería o maior número de socios da súa historia, sobrepasando con creces as 700 persoas asociadas.

De tódolos xeitos, como mostra de boa bondade, agradecemos que nos indique que é o que ten que facer a Asociación de Veciños, sobre todo á orde que nos da de arranxar o conflicto da "Fonte da Señora" que según nos indica dura xa tres anos, para isto lle enviaremos a primeira denuncia realizada no ano 2005 para o seu arranxo e un dosier coas xestións realizadas durante nove anos dos que a vostede só lle constan tres. Ó respecto suxerimos que a arranxe vostede mesmo a través da súa asociación Cultural, pois a Fonte da Señora forma parto do Patrimonio Cultural da localidade.