“A porta aberta” aborda a historia da Asociación Sindical Galega de Guionistas
O programa, que se emite hoxe ás 21.30 horas na TVG2, reúne a catro dos seus integrantes
“A porta aberta” ofrece hoxe, ás 21.30 horas na TVG2, unha nova entrega do programa que, baixo o título “Asociación Sindical Galega de Guionistas. Guionizar o futuro” aborda a historia e o traballo que desenvolve este colectivo. Elaborado por Producións Celta para a canle autonómica, conta coa presencia e os testemuños do vicepresidente, Ángel Manzano; o tesoureiro, Víctor Grande, e os asociados Ángela Andrada e Fernando Tato.
A Asociación Sindical Galega de Guionistas reúne aos profesionais do sector co obxectivo de defender os seus dereitos, pero tamén para dialogar coa sociedade e así deseñar os produtos en función das súas demandas. Deste xeito, o programa explicará aos televidentes que o medio audiovisual é hoxe unhas das canles máis demandadas para o coñecemento da realidade por un sector moi representativo da cidadanía. Por este motivo precísase duns profesionais do guion cunha alta cualificación, que sexan quen de ler correctamente a realidade e así transmitila transformada en produtos axeitados para o entretemento e a transmisión de coñecementos. Esta é unha das funcións do colectivo que hoxe centra o programa.
A TVG estrea “A porta aberta”, un espazo para enxalzar o asociacionismo galego
Ademais, o audiovisual é un dos sectores máis globalizados o que fai que outra das inquedanzas da Asociación de Guionistas sexa a conexión dos seus asociados cos profesionais de audiovisuais producidos noutros lugares, especialmente noutras comunidades de España. Tamén promove o intercambio de ideas.
Temas
Más en Televisión
-
Kiko Matamoros saca a la luz su último rechazo profesional: "Alguien con influencia ha preferido que no esté"
-
Eric Saade muestra su apoyo a Palestina en el escenario de Eurovisión y la organización critica su gesto
-
La sonora amenaza de Kiko Matamoros a 'Supervivientes' ante el estreno del nuevo 'Sálvame': "Estoy loco por contarlo todo"
-
Llega la entrega del bote a 'Pasapalabra': el histórico momento que se vivirá y cuándo