Actos

Apertura da programación das Letras Galegas en Bueu.

O Concello de Bueu abre hoxe a súa programación das Letras Galegas cun acto no Eirado de Cela, que servirá para a entrega de premios do II Concurso de Microrrelatos das Letras Galegas e do II Concurso de Narrativa Escolar das Letras Galegas, ambos convocados pola Asociación Cultural Costumes de Cela. O obxectivo é fomentar a creación en galego e nesta ocasión o tema que se propoñía era a maternidade. O acto completarase coa actuación do grupo de pandereteiras Recordos da Nosa Terra..

Hoxe, ás 12.30 horas no Eirado de Cela. En caso de mal tempo trasladarase ao Centro Social do Mar de Bueu.

Visita guiada ao Museo Massó e actividades polo Día Internacional dos Museo.

O Museo Massó de Bueu ofrece un sábado máis a posibilidade de desfrutar dunha visita guiada gratuíta pola súa colección, no horario entre as 12.30 e as 14.30 horas. Amais, o museo celebra o martes o Día Internacional dos Museos cunha actividade vía online, chamada “Esta ría é un choio”. Será a través do seu blog: http://museomasso.blogspot.com/.

Hoxe, de 12.30 a 14.30 horas e o martes vía telemática.

Poemas de Xela Arias polas rúas de Moaña.

A programación polas Letras Galegas de Moaña contou onte cun concerto de Xardín Desordenado, na Praza do Concello. Aínda que tocaron unhas pezas, a actuación tivo que suspenderse cando comezou a chover. Hoxe e mañá Sé Rial e Anabel Budiño declamarán poemas de Xela Arias ao aire libre en distintas vías públicas da vila, para achegar aos veciños a autora homenaxeada

Hoxe e mañá.

Actuación de Charaviscas no paseo marítimo de Domaio

Este luns 17 a agrupación Charaviscas ofrece un pasarrúas con música e danza tradicional galega, dende ás 18.00 horas, no paseo marítimo da parroquia de Domaio. Charaviscas recupera así os seus eventos polo Día das Letras, ante a imposibilidade de recuperar aínda o seu festival.

Este luns 17, dende as 18.00 horas no paseo.

“A louca historia de Galicia” contada por Fulano, Mengano e Citano

Hoxe, ás 20.00 horas no Auditorio de Cangas

A compañía teatral Fulano, Mengano e Citano presenta hoxe en Cangas a súa particular visión sobre la historia galega. Trátase de “A louca historia de Galicia”, unha montaxe na que os protagonistas abarcan os fitos da nosa historia, desde á epoca castrexa ata a actualidade, con humor, retranca e sarcasmo. Inclúe impactantes proxeccións de video, divertidos números musicais e unha posta en escena colorista e dinámica. O guión conta con parelelismos e referencias actuais recoñecibles, que axudan a entender o pasado e comprender o presente. Ás entradas están a venda por 5 euros en ataquilla.com ou dúas horas antes do espectáculo no propio Auditorio.

Un momento dunha representación da obra.