“Traes unha cantiga?” visita Rianxo, con gran afección á música tradicional galega
O segundo programa de “Traes unha cantiga?”, que emítese este mércores na TVG, ás 22.25 horas, gravouse na localidade de Rianxo, onde hai unha importante afección á música galega, o que produciu un importante número de cantigas que falan desta localidade. O concurso desenvolvese na taberna O Vilar. Neste programa participan dous grupos de canto de taberna de Rianxo e un de Boiro, dúas localidade da comarca do Barbanza.
Nunca é tarde é un grupo nacido hai uns 18 anos na localidade de Boiro e integrado por mulleres “de certa idade”. Empezaron “xogando” coa pandeireta ata animarse a actuar en eventos das súas propias familias, como vodas ou aniversarios. Aclaran que a intención nunca foi económica, se non manterase activas e pasalo ben todas xuntas. A día de hoxe xa están totalmente asentadas e participan de forma habitual en foliadas.
Os instrumentos que usan son: pequena percusión de madeira, como culleres, peitoques e pulgas.
No programan interpretan o tema “Canto do arrieiro”, un dos temas máis populares da música tradicional galega, e ademais é o canto orixinario a partir do cal formouse un subxénero de cantos de arrieros dentro do xénero de cantos de oficios.
Doutra banda, Xesteiras é un colectivo de pandeireteiras integrado na agrupación cultural Fogo fatuo, creada en Rianxo “para a promoción da cultura tradicional galega”. Non fan canto de taberna de maneira “ortodoxa”, se non adaptándoo ao seu estilo e introducindo instrumentalización. Ademais, cantan pezas propias da zona, xa que, aínda que a día de hoxe se foi perdendo, en Rianxo había moita tradición de cantos de taberna, sobre todo entre os mariñeiros e na época do Nadal. As compoñentes do grupo foron aprendendo na casa esta tradición e decidíronse a recuperala para que non se perdera nas novas xeracións. De feito, foron o primeiro grupo en recuperar o ‘Pájaro Pinto’, unha cantiga emblemática en Rianxo, despois de que levase moitos anos practicamente esquecida. Incluso intentan facer recollidas de cantos de taberna, a pesar da dificultade de convencer a persoas maiores a gravalos cantando en solitario.
No espazo da TVG deste mércores, ás 22.25 horas, participarán tres grupos de canto de taberna da comarca do Barbanza: Nunca é tarde, Xesteiras e Vai de roda
Os instrumentos que utilizan son: pandeireta, cunchas, botella e gaita. Precisamente no programa van interpretar o tema “Pajaro Pinto...”. Un tema que podemos considerar o himno oficioso de Rianxo
Finalmente, Vai de roda pertence a unha agrupación de música e baile tradicional máis grande, do mesmo nome, na que hai un ano decidiron introducir o canto de taberna, a raíz dunha visita a Rianxo dun grupo da Illa da Arousa. A experiencia gustoulles tanto que tardaron só un mes en ter o seu propio grupo. Neste ano xa lles deu tempo a organizar o seu propio “pasabares” por varios locais de Rianxo, actuar fóra da súa localidade e incluso a organizar o seu primeiro encontro de cantos de taberna con varios grupos.
Os instrumentos con que interpretan os temas son dúas gaitas, saxo, clarinete, bombo, tambor, pandeireta, cunchas e chave. No programa deste mércores interpretaran “Muiñeira de San Amaro”, un tema popularizado por Treixadura.
O programa está presentado por Noelia Rey, e son o xurado permanente Sheila Praticia, unha das voces máis sorprendentes e prometedoras da música galega, e Alfredo Dourado, do grupo de referencia do cantos de taberna A Roda. Cada programa conta cun padriño ou madriña dos grupos, que tamén formará parte do xurado, e nesta ocasión a madriña será Sabela Maneiro, do grupo Tanxugueiras.
O obxectivo do programa é elaborar unha listaxe das cantigas máis populares das tabernas.
Temas
Más en Ocio
-
La sentenciadora declaración de Sandra Barneda sobre cómo está siendo trabajar con Nagore Robles tras su ruptura
-
'Supervivientes' se vio obligado a acudir a las Fuerzas Armadas de Honduras por lo ocurrido con Ángel Cristo
-
Kiko Hernández rechaza participar en 'Ni que fuéramos Sálvame': el motivo del 'no' a sus antiguos compañeros
-
Belén Esteban revela lo que ocurrió con el premio que ganó en 'GH VIP': "Me abrieron una investigación"