Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

“Youtubeiros” en Moaña

Creadores de contido galegos animan aos estudantes da vila a empregar a lingua propia na Rede

Unha das charlas dos dous “youtubers” nos institutos da vila. | FDV

O Proxecto Youtubeiras, no que participa o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Moaña –xunto con outros once concellos, as tres universidades galegas e a Deputación da Coruña– chegou esta semana aos dous institutos da vila. Os youtubers en Olaxonmario e Neeumátiko deron unha charla aos estudantes do IES As Barxas e do IES A Paralaia trasladándolle como é o seu traballo cotiá e animando á mocidade a crear contidos en galego para Youtube. Os xóvenes coñeceron tamén os contidos dos que xa dispoñen na plataforma de vídeos máis grande do mundo para poder consumir cultura e ocio en galego.

Participaron un grupo de 30 alumnos de 3º de ESO do IES As Barxas e outro de 25 alumnos de 1º de Bacharalato da Paralaia. Tanto Olaxonmario como Neeumátiko falaron sobre a súa experiencia como creadores de contido na lingua propia e sobre a súa participación nos Premios Youtubeiras de edicións pasadas, que da cita a youtubers de todo o país.

Olaxonmario responde ao nome de Mario Brión Toucedo, gañou este galardón na súa primeira edición e nesta é membro do xurado. Neeumátiko, pola súa banda, é Nee Barros Fernández, gañador do premio á Calidade Lingüística en 2021.

As actividades en Moaña arredor dos Premios Youtubeiras, cuxo prazo está aberto ata o 15 de novembro, inclúen dous obadoiros de creación de contidos en galego para a rede, en dúas sesións de 5 horas cada un. Será as tardes do xóves 3 e do sábado 5 de novembro.

Antes, o 22 de outubro, haberá un encontro creativo con Ginkgo no Espazo Apego de Santiago de Compostela organizado por todas as entidades que promoven estes premios.

Compartir el artículo

stats