Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Unha etnomusicóloga de Bueu investiga a música tradicional galega dende a Universidade de Valladolid

Acada un contrato de catro anos que deberá rematar coa primeira tese sobre a tradición oral

Xulia Feixoo cun dos nove pandeiros centenarios conservados en Galicia, en Soutomaior. | FDV

A etnomusicóloga de Bueu Xulia Feixoo comezou este mes un contrato de formación do persoal investigador (FPI) na Universidade de Valladolid que implica catro anos de traballo e que deberá culminar coa primeira tese publicada arredor da música tradicional galega de carácter vocal e vencellada á tradición das pandereteiras e das danzas populares.

A investigadora, xa na Facultade de Filosofía e Letras de Valladolid.

Xulia Feixoo pasa por ser a primeira etnomusicóloga titulada en Galicia tras licenciarse en Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela no 2010. Explica que nestes catro anos terá que impartir clases de música tradicional galega pero, sobre todo, investigar para a súa tese. “No sistema universitario galego non existe a musicoloxía, por iso todas as investigacións arredor da música tradicional teñen que facerse dende fóra”, explica.

Vencellada xa coa Universidade de Valladolid grazas a un máster de en música hispana que rematou no ano 2021, Xulia Feixoo acadou esta praza de investigadora tras superar un exame para acceder á praza creada grazas á axuda do Ministerio de Ciencia e Innovación. Nestes anos ten previsto viaxar a entidades investigadoras da música de raíz noutros países “para coñecer como se traballa no extranxeiro nos estudos da tradición”.

A viguesa afincada en Bueu recoñece sentirse “orgullosa e responsable ante esta oportunidade, tanto porque me apaixoa este campo de estudo como pola posibilidade de adicarme a investigar”. Antes deste contrato xa levaba anos traballando en “Arredor da tradición”, un grupo centrado na compilación, investigación e divulgación que integran a propia Feixoo e o músico e compliador Guilerme Ignacio. Dende finais do ano 2016 iniciaron un traballo de campo para profundizar no coñecemento das músicas de tradición oral, reservando sempre un papel protagonista para as propias informantes e empregando a divulgación “como ferramenta de resocialización de todo ese patrimonio”. Froito dese traballo é o libro que publicaron conxuntamente titulado “Mulleres de Gargamala. Cantares de tradición oral”.

Compartir el artículo

stats