Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Tribuna Libre

O alcalde e o museo

Busco sen éxito a cara do alcalde de Bueu entre as persoas que saen na foto do Faro do domingo 16 de xaneiro. A imaxe, na primeira páxina, informa da visita do conselleiro de Cultura ao Museo Massó o día anterior.

Como non recibe a Román Rodríguez, que vén anunciar a inversión de máis dun millón de euros para rehabilitalo?, pregúntome. Pois, como considero a Félix Juncal un home afable, supoño que a súa presenza demostraría o agrado por estas melloras.

O conselleiro anuncia tres actuacións inmediatas: a nova sala para o pintor Urbano Lugrís, o espazo para expoñer as embarcacións tradicionais e mais acondicionar a salgadura Piñeiro, descoñecida cando se deseñou este equipamento cultural, único no Morrazo.

Sorpréndome unha semana máis tarde, cando o mesmo xornal publica que o grupo de Goberno (BNG-ACB) presenta unha moción para que a Xunta execute a ampliación que deixou pendente o arquitecto Manuel Gallego Jorreto, autor da obra do museo en 2009.

A proposta apróbase no pleno do 7 de febreiro con só os votos do Goberno. O PP opúxose e os dous representantes do PSOE non asistiron.

Durante esta xuntanza da Corporación, Juncal explica a súa ausencia no recibimento ao conselleiro. Di que o Goberno municipal xa o representaba moi ben o concelleiro de Cultura Xosé Leal. Pois claro. E que el non puido asistir. Por suposto, non vai estar en todas partes. Penso que sería conveniente antes do envío do acordo plenario á Xunta celebrar unha charla cara a cara con Rodríguez aproveitando a súa estancia na vila. Ou incluso tomando unas cervexas, como dicía o conselleiro para arranxar un problema con Abel Caballero en Vigo.

En fin, que sinto que as ocupacións de Félix Juncal o ausentaran do encontro co Conselleiro de Cultura e Educación. Aínda que o substituíra moi ben o concelleiro. Non faltaría máis.

*Veciño de Bueu

Compartir el artículo

stats