Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

In memoriam // Xosé Manuel Pazos Varela

Comprometido coa cultura e exemplo de diálogo e templanza

Xa pasou un ano desde o pasamento do alcalde Pazos e compre lembrar a súa memoria xa que, ata o derradeiro instante estivo dedicado o seu labor de alcalde, comprometido coa cultura e sempre disposto a facilitar a vida da veciñanza. Pazos foi un exemplo de dialogo e templanza. Tiña as cousas moi claras e nunca escatimaba esforzos a prol da concordia e o seu compromiso con Cangas e con el a cultura era de dominio público. Hoxe teriamos que seguir o seu exemplo e antepoñer o interés común a calquera invento irreal e trasnoitado. En moitas ocasions, a verdeadeira valia das persoas emerxe cando xa non están entre nos. Eu mesmo confeso que a figura do que foi o noso alcalde agrandase cada día, porque todo o que viu despois foi unha perda para Cangas como pobo e para o propio Concello. Xose Manuel soubo coidaar al relacions políticas e as relacions persoais. Soubo escoitar antes de falar, soubo valoraro traballo dos compañeiros pertenecendo a outra forza política, como o partido socialista, e sempre colaboramos con el en beneficio de Cangas. Quédame o orgullo de ter colaborado cobado con cobado naquel equipo de gobernó,uns e otros tirando na mesma dirección. Sempre sumando.

(*) Portavoz do Grupo Municipal Socialista de Cangas

Compartir el artículo

stats