Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A alcaldesa de Moaña anima, no Bando de Nadal, a consumir no comercio local

La Comisión de Festas iluminó el Museo das Carreiras de Meira. | G.N.

A alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, cumpre coa tradición que implantou dende a súa chegada á Alcaldía e publicou o Bando oficial destas festas, que comeza definindo a Moaña como “terra de Nadal” e inclúe a recomendación de que os veciños aproveiten as datas para “consumir produtos locais” para animar así “á economía máis próxima e axudar á viabilidade dos nosos sectores produtivos. Estaremos xerando riqueza de país”.

Ademais, anima a que se consuman produtos etiquetados en galego para “ser solidarios con aquelas persoas que foron quen de xuntar calidade con autoestima”. Insiste tamén en que o comercio e a hostalería local e comarcal conta cos produtos necesarios para mercar agasallos e comidas “garantido así os postos de traballo no noso territorio, tan importantes nestes momentos”.

Nesta ocasión o Bando publicado por Leticia Santos incide na pandemia e chama a celebrar o Nadal dunha “maneira axeitada á situación sanitaria”, pedindo aos veciños que gocen da festa “pensando en protexer a súa saúde e a das persoas coas que conviven”. Anima tamén a participar na programación municipal de Nadal.

Luces en Meira

Mañá haberá unha recepción de Papá Noel en Moaña, que visitará aos nenos da vila na planta alta de Praza de Abastos entre as 11.30 e as 13.30 horas.

Ademais do Concello, en Moaña tamén moitos colectivos están a organizar actividades relacionadas co Nadal. Por exemplo, nestes días a Comisión de Festas de Samertolaméu inaugurou o alumeado dunha árbore cercana ao Museo das Carreiras. Ademais, tamén engalanaron as instalacións deste museo con adornos feitos por nenos da parroquia.

Compartir el artículo

stats